Livros

O señor Pésimo é o Máximo

de João Manuel Ribeiro, Ânxela Gracian (tradução) / Ilustração - Bolota

LITERATURA ECOGUERREIRA

Teño escrito nalgunha outra ocasión que a gran literatura infantoxuvenil portuguesa converxe en Joáo Manuel Ribeiro polos catro puntos cardinais. Poeta, narrador, filósofo, conferenciante, antólogo, ensaista, tradutor, profesor universitano e animador cultural, este crossover da escrita lusa ten sido traducido a diferentes linguas e atesoura no seu haber vanas ducias de libros entre os cales se encontran titulos referenciais da literatura para o lectorado novo do pais veciño.

Afortunadamente, tamén en galego se teñen vertido textos de Ribeiro. Recentemente anosouse O meu avó, rei das pequen as cousas e agora ve luz O se.ñor Pésimo é o Máximo, relato pubhcado novamente pola editorial Hércules e outra volta trasladado pola tamén escritora e tradutora Ánxela Gracián.

Este mes de novembro cumprironse tres lustros dende o mouro afundamento do Prestige. Moita foi a literatura que aquel aciago accidente ftxo correr entre os autores galegos, mais tamén fóra das nosas fronteiras houbo voces solidarias que ficcionaron sobre o feito tentando exorcizar o fantasma de futuros desastres, unindose cordialmente ao noso ‘nunca máis’.

Entre eses creadores de sensibilidade comprobada atópase Ribeiro, quen primcipia a historia do seu señor Pésimo na Costa da Morte, onde el e a súa farrulia veñen de vacacións no outono do 2002 e acaban por vivir, en primeira persoa, a terible traxedia do asfaltado das nosas praias.

Pésimo, de primeiras, é un tipo un tanto despreocupado, sumido no seu traballo e pouco empático cos que o rodean. Mais o drama do Prestige acaba por desarmalo e prodúcese nel unha transformación que o levará a tomar conciencia da vertixe destrutiva que os humanos exercemos sobre o planeta e, logo de pasar todas as vacacións exercendo como voluntano recolledor de chapapote, regresa a PortugaJ cambiado e comeza a ler sobre ecoloxia, sostibihdade e respecto ao Medio e decide mudar o rumbo da súa vida e da da súa familia converténdose nun ‘ecoguerreiro’ que pon en práctica todo aquilo que entende vai facer dos seus dias unha convivencia harmónica coa natureza e os seus seres.

Pésimo convence pouco a pouco a súa muller e os seus dous fillos para que aposten polo aforro enerxético. que acollan animais desamparados, que se ammen a cultivar os seus propios alimentos ou que coiden xardins, campos e arboredos. Noutras palabras: acaba por metamorfoseaios nunha familia modelica no respecto polo contorno e o aproveitamento sostible dos seus recursos. o que exphca a mudanza superiativa do protagonista de Pésimo mtratabie a Máximo admirable.

Todo o anterior é reiatado por Ribeiro con grandes doses de sensibilidade e humor, cunha prosa ductil, tremendamente versátil nos diálogos e descncións, na que non faltan acaidas referencias nutoióxicas. filosóftcas ou literanas que, porén, son procesadas con intelixencia para conseguir facelas accesibies ao máis diverso público, sen necesidade de que este se ache familianzado previamente con elas.

O señor Pésimo é o Máximo iese en galego cunha plasticidade piausible, un labor de adaptación no que moi fino traballou o buni de Ánxeia Gracián, unha das nosas meilores tradutoras, que deixa aqui unha mostra da súa boa man. Mágoa que non a acompañen en excelencia as ilustracións do menor que asina Bolota e que non lle fai xustiza á ópuma edición de Hercuies. Cúmpre tomar nota desta lectura.,que moito ben ha facer a aqueles que a ela se acheguen, por amena e instrutiva, tanto que sena intelixente prescrebila nas escolas ao pe doutras obras nas que a educación emocional nos aprende a reconciliar-nos coa vida e a natureza, coa raiz e o lar planetano, que ben fanamos en coidar, pois é o noso único fogar.

Armando Requeixo (in Letras Atlânticas)