Livros

Palavra de Criança não está poluída: A Obra Infantil e Juvenil de Sidónio Muralha

de João Manuel Ribeiro

«João Manuel Ribeiro pertence a esa xeración, aínda non moi concorrida, que se achega ao estudo das obras dirixidas aos máis novos dende presupostos teóricos actuais e que o fan con rigor investigador, sen complexos. E isto a pesar de que durante moito tempo non se considerou que a Literatura Infantil e Xuvenil merecese ser analizada como a literatura institucionalizada ou de adultos, sen se deter a considerar que esta literatura, escrita pensando en primeira instancia nos máis novos, é a que configura, pouco a pouco, o imaxinario do futuro lector e o axuda a se converter nun lector competente, unha das consecuencias dunha boa planificación da educación literaria. Unha metodoloxía que permite elixir unha ampla gama de obras imprescindíbeis para a lectura en cada tramo de idade. Este camiño, se se percorre con criterios literarios e pedagóxicos ben artellados, evitará que autores clásicos dunha literatura, como é o caso de Sidónio Muralha, sexan aínda descoñecidos polos lectores portugueses e doutros países.» Blanca-Ana Roig Rechou (no Prefácio).