Imprensa

Mi Abuelo, Rey de las Pequeñas Cosas
Meu avó, rei das pequenas cousas

Chega a nós, desde o ámbito da tradución e mercé ao coidadoso traballo de Ánxela Gracián, unha proposta da man do escritor João Manuel Ribeiro, autor de longa traxectoria no ámbito da literatura infantil e xuvenil portuguesa.

Meu avó, rei das pequenas cousas é un traballo narrativo sui generis que, mercé unha ollada que se sitúa  a medio  camiño entre a lírica e nalgún caso o arrecendo de carácter filosófico -ineludible o pouso que deixan neste libro voces como Pessoa ou Lorca-, percorre os esteos da memoria. Unha memoria en que agroma a figura do avó: un avó senlleiro que se evoca desde a perspectiva dun neno que non agochar nin a devoción nin o abraio por alguén que desvela, con paciencia e agarimo, o que é a mesma vida.

Unha vida distinta, claro é, á que o neno  leva mais que deixará un pouso perenne para o seu futuro sobre todo polo legado que o avó teima en transmitir. Este non é outro que o exercicio da reflexión, de botar unha ollada distinta ao que nos rodea e que lle aprendeu a reparar que no máis pequeno, en aparencia no máis intranscendente, repousa a clave para afrontar o que está por vir. Precisamente son os valores da amizade, do respecto á natureza e ao lugar no que un vive ou do que un vén -non tan diferente, por certo, do que entre nós aínda podemos atopar-  os que o avó transmite limpamente a través dun discurso que non esquece nin a validez nin a operatividade que a fantasía e os soños atesouran para sermos máis humanos: “o pensamento é irmán do soño e da imaxinación” e “xuntos tecen os misterios da vida”, afirma unha voz narradora.

Unha aposta de Hércules Ediciones por un autor que terá a súa continuidade, en pouco tempo, con dous novos títulos de Ribeiro: O senhor Péssimo é o máximo  e A Casa Grande.

Ranón Nicolás, in Caderno da Crítica (19-07-2017)


Unha xoia imprescindible para os nenos

O libro do portugués João Manuel Ribeiro, «Meu avó, rei das pequenas cousas», é un fermosa metáfora do goce dos pequenos detalle. O autor estará proximamente na Coruña asinando na feira do libro.
Hai nesta pequena xoia do portugués João Manuel Ribeiro moito do espíritu de Saramago, nesa esencia poética que abrangue a realidade. Esa maneira de contar que o Nobel destacou naquela anécdota en que narrou como o seu avó se foi despedindo da natureza ao presentir a morte. O modo en que Jerónimo Melrinho decidiu abrazar unha por unha as súas árbores. Un simple pastor, un campesiño analfabeto que deste xeito natural soubo dicir adeus a todo o que ata entón fora a súa propiedade. Despediuse así -escribiu Saramago- da familia e das árbores como se todo fose a súa familia.
Ese mesmo celme escorrega por todas as páxinas deste conto de Ribeiro, Meu avó, rei das pequenas cousas, obrigado para todos os nenos, pais e avós que desexen disfrutar dunha lectura gozosa. No sentido amplo da palabra. Gozar das múltiples vertentes do amor intenso e paciente aos nosos, á natureza, enfiando historias que pretenden afoutecernos nos minúsculos luxos que temos ao redor. Na sinxeleza. Ribeiro acóllese ao recurso da metáfora que fabula os grandes temas da vida demorándose con paciencia nunha prosa que é poesía: «Todas as mañás, non ben o sol se erguía, o avó atravesaba o seu pequeno reino e contemplaba con serenidade os milagres que a noite deixara -eran as pingas de fino orballo sobre as plantas e os froitos, era o cheiro a terra mollada, eran os niños adormecidos, o crecemento do millo, do trigo…». Queda nas súas mans esta fermosura de conto que descobre a marabilla dun mundo mellor.

Sandra Faginas, La Voz de Galícia,  27/07/2017.


Das pequenas grandes cousas

Armando Requeixo, Nordesia 12/03/2017


Faro de Vigo

24/07/2017

SaveSave

SaveSave